domingo, 16 de diciembre de 2007

O gato do filósofo



Hai xa moito tempo que Donna Haraway quiso ordenarse jesuita. Ser muller, ademáis doutras circunstancias menores, non ó consentiron. En maio, con esta aspiración inalcanzable superada, chegou a Barcelona e a sala de conferencias enchéuse de xente que o sair comentaba o pésimo da traducción. Razón principal de non entender a mensaxe encriptada de Haraway.
Donna mostrou fotos da súa cadela, a que adoraba, e ca que compartía a circunstancia non casual de ser fémias sen crías. Repetiuno demasiadas veces para ser un feito liberado da emoción. Acompáñanse os ladridos e as enrugas na victoria ou na derrota, non quedou claro, de evitar a maternidade.
Tamén falou dun gato negro que mantiña co seu dono unha relación menos igualitaria que Haraway coa cadela. Era un filósofo europeo, parisino, que sen dúbida amaba a súa mascota pero esperaba dela menos do que en realidad podía ofrecer. Él, rodeado de libros, absorto na demostración innegable das diferencias entre seres humanos e animais esquivaba a mirada dialogante do gato que prometía derruir unha certeza tan vaga.

miércoles, 28 de noviembre de 2007

Resistencia

As vidas viran de tal xeito que a persoa que fuches de nena a penas a recoñeces cando cumpres os trinta. Lembras os grilos remexidos entre a terra, a avoa cortando a herba no prado, a sumisión das bolboretas que se enredan entre os dedos, os veciños arredor do lume en San Xoan, e non podes crer que agora vivas nun piso, no example dreta, compartindo a misma experiencia migratoria que a veciña de enfrente, que é de Monforte de Lemos, o do quinto terceira, e os da pulperia "Bar Xudas".
¿Cando se plantaban as patacas? ¿Cando se recollía o millo? ¿Cando as moras deixan de ser verdes para ser moras?¿Dende cando os veciños non celebran o San Xoan? Cambias porque esqueces o que era importante para ti. Entre as estacións hai persoas que se manteñen, cercanas e caladas, aturando que xa non sexas a que fuches, mirando os teus esquecementos, mirando o ser que serás. Non deixa de abraiarme a quietude, a tranquilidade da espera, a resistencia, que so pode proceder dun amor que coñece do cultivo da terra.

viernes, 23 de noviembre de 2007

Cheiro a vaca


As vacas eran a calefacción central da casa. Estaban no piso d'abaixo enriba do toxo, dos mexos, e a mesma altura cos bafos que saían dunha nariz sempre húmida chea de mocos. No inverno os da casa agradecían o calor animal tanto como o da lareira sempre prendida de outubro a marzo. Na roupa acochábanse sen remedio o fume do pino queimado, o calor da vaca e mailo ácido do estrume pisado.

Nos oitenta comenzamos a modernizarnos, as vacas venderónse ou foron a parar a cortellos no fondo da eira. As cociñas quedaron orfas do pote e da leña. As poucas fuxiron os olores e comenzaron as distincións entre a xente da aldea. Os que non ulían e os que mantiñan o cheiro a vaca.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

A forza da costume




Vintecinco grados en outubro. As camisetas do vran ainda estaban adornando os días de sol sen nubes. As árbores da Avinguda Diagonal non se quiseron decatar, comenzaron sen preguiza a seca-las follas e a deixar que murchasen lentamente. A comenzos de novembro as camisetas estaban tan no fondo do armario como as bufandas e os xerxeis de lana. Pero os plataneros coas polas núas insistían en construir un outono que non viña. De seguro pensaban como pensamos algúns de nós: ¿Que outra cousa podes facer cando os tempos mudan sen ti?