domingo, 16 de diciembre de 2007

O gato do filósofo



Hai xa moito tempo que Donna Haraway quiso ordenarse jesuita. Ser muller, ademáis doutras circunstancias menores, non ó consentiron. En maio, con esta aspiración inalcanzable superada, chegou a Barcelona e a sala de conferencias enchéuse de xente que o sair comentaba o pésimo da traducción. Razón principal de non entender a mensaxe encriptada de Haraway.
Donna mostrou fotos da súa cadela, a que adoraba, e ca que compartía a circunstancia non casual de ser fémias sen crías. Repetiuno demasiadas veces para ser un feito liberado da emoción. Acompáñanse os ladridos e as enrugas na victoria ou na derrota, non quedou claro, de evitar a maternidade.
Tamén falou dun gato negro que mantiña co seu dono unha relación menos igualitaria que Haraway coa cadela. Era un filósofo europeo, parisino, que sen dúbida amaba a súa mascota pero esperaba dela menos do que en realidad podía ofrecer. Él, rodeado de libros, absorto na demostración innegable das diferencias entre seres humanos e animais esquivaba a mirada dialogante do gato que prometía derruir unha certeza tan vaga.